venres, 18 de decembro de 2020

Horarios da fin de semana: 19-20 de decembro

 


Para esta fin de semana teremos novamente un dobre enfrontamento Cambre vs Arteixo en categorías xuvenil e senior, correspondentes á volta da xornada anterior.

Na xornada inaugural, os nosos rapaces perderon, polo que querrán resarcirse e terminar o ano cunha victoria que deixe bo sabor de boca para as vacacións.


O equipo xuvenil feminino, que tamén debutou a semana pasada, descansa esta xornada e non retomará a competición ata o 2021, o igual que o resto de categorías.



SÁBADO, 19/12/2020:

- Xuvenil masculino 2ª división: C. B. Arteixo  vs  BALONCESTO CAMBRE (Xornada 2)

19/12/2020. 18:00 horas. Pazo dos deportes (Arteixo).


(Ida: Cambre 30 - 76  Arteixo)



DOMINGO, 20/12/2020:

- Senior masculino 3ª división: BALONCESTO CAMBRE  vs  C. B. Arteixo (Xornada 2)

20/12/2020. 19:00 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre).


(Ida: Arteixo 68 - 57 Cambre)




Desexamos moita sorte os nosos equipos e unha boa fin de semana para toda a parroquia baloncestística cambresa.


1, 2, 3, CAMBRE!!!