mércores, 27 de xaneiro de 2021

10% DE DESCONTO EN MANUSPORTS

 



O Club Baloncesto Cambre e a tenda de deportes Manusports chegaron a un acordo de colaboración para esta tempada 20-21.

Dito acordo supón que todos os xogadores, adestradores e socios terán un 10% de desconto en todos os seus productos (non acumulable a outras ofertas ou promocións).


Manusports é un negocio aberto no ano 2010 en pleno centro de Cambre, con moita experiencia traballando cas primeiras marcas do sector téxtil e deportivo. Neste céntrico establecemiento, podes atopar prendas e artigos relacionados co baloncesto (mascarillas personalizadas do club, camisetas térmicas, mallas de compresión, balóns Spalding, pantalóns da NBA, mangas de compresión...) así coma moda urbán e outros deportes.




Non dubides en botar un vistazo ou contactar con eles a través da súa páxina web e redes sociais:

Web: www.manu-sports.com  (Código de desconto: BASKETCAMBRE10)

Instagram: manu.sports


Email: manusports@mundo-r.com

Teléfono: +34 981 674 328