luns, 25 de xaneiro de 2021

Comunicado oficial da directiva



Á vista das novas medidas sociosanitarias que a Xunta decretou este luns 25 de xaneiro, e que entrarán en vigor xa para este mércores 27, temos que adaptarnos e actuar de acordo á normativa:

- Permanece a mobilidade restrinxida ao propio concello.

- Mantense o toque de queda as 22:00 horas.

- Competición de ámbito autonómico e local suspendidas (mínimo ata dentro de 3 semanas), non así as competicións nacionais e internacionais profesionais.  



Ás medidas polas que xa actuamos dende a semana pasada, engádense outras novas referentes ó noso ámbito, a práctica deportiva:

- A práctica deportiva queda restrinxida ao deporte individual e o aire libre (dentro do noso concello).

- Uso da mascarilla obrigatorio e sen excepción.

- Peche de ximnasios, pavillóns.





Por tanto, estes son os horarios para o lunes 25 e martes 26:



LUNS 25 DE XANEIRO DE 2021: 

Pavillón Sofía Toro (Cambre). 4 xogadores máximo e que sexan empadroados e residentes no concello.


De 17:45 a 18:45: Grupo alevín


De 18:45 a 19:45: Grupo infantil.


De 19:45 a 20:45: Xuvenil masculino.


De 20:45 a 21:45: Senior masculino “B”.





MARTES, 26 DE XANEIRO DE 2021: 

Pavillón Sofía Toro (Cambre). 4 xogadores máximo e que sexan empadroados e residentes no concello.


De 17:45 a 18:45: Benxamíns


De 18:45 a 19:45: Cadete masculino grupo 2.


De 19:45 a 20:45: Cadete masculino grupo 1.


De 20:45 a 21:45: Senior “B” grupo 2.




A partir do mércores en adiante queda suspendida a nosa actividade deportiva durante 3 semanas mínimo.


Podes consultar o resto das medidas e novas restriccións nesta link: Feijóo anuncia que toda Galicia estará desde o mércores, e durante un mínimo de tres semanas, no nivel de restrición máxima - Xunta de Galicia


Moito ánimo e sentidiño para toda a xente que conforma a familia do Club Baloncesto Cambre. Sairemos desta entre todos.





1, 2, 3, CAMBRE!!!