mércores, 10 de febreiro de 2021

O C. B. CAMBRE PARTICIPARÁ EN BAMBOLEO

 


O próximo sábado 13 de febreiro, tes unha cita obrigatoria co programa Bamboleo, presentado por Xosé Manuel Piñeiro (22:00 horas, TVG), no que participarán dúas das nosas xogadoras do equipo xuvenil, María Alonso e Marcela Vázquez.


Para quen aínda non coñeza o programa, Bamboleo é un espectáculo de música e baile, dirixido a unha audiencia de todas as idades, que leva emitíndose dende o ano 2011. Conta con varias seccións ó longo do programa.

Xosé Manuel Piñeiro (Imaxe extraída de: compostimes.com)



No que levamos deste 2021, xa pasaron polo plató Raúl, a orquestra Panorama, Nuria Fergó ou as orquestras Cinema e o Combo Dominicano.


Deixámosvos aquí un dos últimos programas:






Xa sabedes, tedes xa plan para a noite deste sábado. Ide preparando as cámaras!




1, 2, 3, CAMBRE!!!