domingo, 28 de febreiro de 2021

Álex Serrano debuta en categoría Sénior

 


O noso xuvenil Alejandro Serrano (Cambre, 2003) debutou en partido oficial co equipo senior "B" no último encontro desputado polos nosos maiores. Cabe destacar que tivo unha destacada actuación individual (9 puntos) pero o equipo non conseguiu levarse a vitoria (Montrove 68-57 Cambre).


Álex non é o único xuvenil que o adestrador Juan Botana fai debutar esta tempada, xa que Alberto Varela e Íñigo Gallego xa levan unhas cantas semanas participando en adestramentos e partidos sénior.


O capitán do equipo xuvenil pertence a un reducido grupo de xogadores con 10 ou mais tempadas defendendo a camiseta do Club Baloncesto Cambre, completando todas as categorías de formación connosco lucindo en todas elas o seu número 12 (Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil e agora xa entrando en dinámica de senior).


O protagonista desta noticia quixo compartir connosco unhas palabras: comecei a xogar no Club Baloncesto Cambre con 7 anos e unha década despois aquí sigo. Pasei por todas as categorías e adestráronme case todos os técnicos que tivo o club na década, dos que gardo un bo recordo de todos. Xa debutei cos maiores e quero seguir superándome ata que teña que deixalo.


















Noraboa Álex e segue a traballar duro para conseguir todos os retos deportivos que te propoñas!!!