xoves, 18 de febreiro de 2021

Voltamos ós adestramentos

 


O mércores 17 de febreiro, entrou en vigor un novo decreto polo cal permite ó deporte federado retomar a súa actividade deportiva, sempre seguindo o "protocolo de actuación para la vuelta de competiciones oficiales de ámbito estatal y carácter no profesional" aprobado polo Consello Superior de Deportes.

Abriránse novamente os pavillóns para permitir retomar os horarios habituais, pero segueranse sen poder empregar os vestiarios. 

Seguerase na obriga de desinfectar as mans e o calzado para poder acceder á pista, así coma o uso da mascarilla durante a práctica e ter a lo menos outra de reposto entre as súas pertenzas. Recoméndase tamén traer a súa auga, xel hidroalcohólico, calzado, etc.

Poderán reincorporarse aquelas xogadoras e xogadores que non residan no concello de Cambre, tendo que ter un salvoconducto presente con él en todo momento durante o desprazamento ata a instalación deportiva, xunto coa súa documentación persoal. 

Como novidade, comezarán a adestrar primeiro aqueles equipos que xa tiñan as súas competicións iniciadas (Senior masculino "B", Xuvenil feminino e Xuvenil masculino). 4 semanas antes do comezo da súa competición, non antes, será o turno do resto de equipos.



Para máis información, deixámosvos unha serie de enlaces de interese:

- Guía simplificada das medidas preventivas para facer fronte ao risco de contaxio pola Covid-19 de aplicación ao Deporte Galego.

- Guía DXT Galego. Volvendo con sentidiño.


Calqueira duda, non teñades reparo en poñervos en contacto cos adestradores e persoal do club.

Sentidiño!!!

Vémonos a partir do luns 22 nas canchas, recuperando os horarios habituais de cada equipo.


1, 2, 3, CAMBRE!!!