xoves, 4 de marzo de 2021

Academia CEYF, colaborador 20-21 do club

 


Dende hoxe e polo que resta de curso, o centro de estudos CEYF convértese novamente en colaborarador oficial do Club Baloncesto Cambre nesta difícil tempada 20-21 (xa viñera colaborando nestes últimos anos).

Nun ano no que as licenzas e ingresos da entidade diminuíron considerablemente (o igual que moitas das empresas do entorno), todo o apoio que nos chega é digno de resaltar.


O Centro de Estudos e Formación (CEYF) é unha academia situada no Burgo (Culleredo) que ofrece clases de apoio para primaria, ESO e Bacharelato, preparación de probas de acceso a ciclos e universidade, etc., tanto presenciais coma online. 




Para mais detalle e información, podes contactar con eles ben na súa páxina web (www.ceyf.es) ou ben nestas outras canles:


Enderezo: C/ Andrés Pan Vieiro, 28. O Burgo – Culleredo (ó lado do conservatorio de música).

Teléfono: 881 897 316


E podes seguilos tamén en Facebook, Instagram e Twitter.






Benvidos de novo ó equipo, moitas grazas pola vosa axuda e desexámosvos moita prosperidade!!!


1, 2, 3, CAMBRE!!!