luns, 26 de xullo de 2021

ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA A TEMPADA 21-22

Dende o club seguimos a dar forma ós preparativos cara un novo curso baloncestístico, o que será a nosa 12ª tempada baixo o nome de Club Baloncesto Cambre.

Tras pechar a tempada cos nosos campamentos de verán e facer o balance final cas enquisas de satisfacción, queremos abrir xa a que esperamos que sexa a tempada na que os adestramentos se parezan algo mais o que eran antes e, sobre todo, a tempada na que os siareiros poidan volver ás bancadas do municipal Sofía Toro.

Tras unha semana de preinscripcións que nos axudaron a ter unha previsión de equipos e licenzas, xa podes formalizar online a túa inscrición CB Cambre 21-22 no club nesta ligazón, que deberás cubrir cos teus datos persoais. Non dubides en contactar connosco para prezos e calqueira outra dúbida a través das nosas canles de comunicación principais: correo electrónico (clubbaloncestocambre@hotmail.com), instagram e facebook (club baloncesto cambre).


Non te quedes fóra! Cada ano somos mais e néste, queremos contar contigo!! Vén e sinte de primeira man ó caracter castrexo!!!