xoves, 5 de agosto de 2021

Senén Fandiño renova o seu compromiso co C. B. Cambre



O adestrador cambrés (A Coruña, 1978) reuníuse onte á tarde ca xunta directiva para acordar a súa continuidade dentro da entidade.


Tras varios anos sen adestrar, Senén fíxose nesta campaña 20-21 cas riendas do noso equipo cadete masculino, co que fixo unha tempada de menos a mais ata rematar a segunda fase coma líderes invictos.



Á espera de confirmar definitivamente o seu cargo, é moi probable que siga vinculado a un equipo cadete, que sufrirá moitos trocos con respecto o ano pasado. Ademais, e posible que o coach poida exercer tamén outras funcións coma axudante doutro grupo. Como dicimos, todavía estamos planificando equipos e horarios.



O propio Senén adicounos unhas palabras no día de hoxe:

Despois de 10 anos lonxe dos banquiños, non puiden ter un millor regreso que convosco. Foi unha tempada rara por mor da covid pero ilusionante personalmente. Un grupo cadete fenomenal, de menos a mais, uns pais e nais moi involucrados, un corpo técnico do club extraordinario... Neste club faise o baloncesto que a min me gusta, e espero quedarme por moitos anos mais... Grazas a todos por tan boa acollida e este ano a dalo todo otra vez.




Dende o C. B. Cambre estamos moi contentos de terte connosco outro ano máis. Só temos palabras de agradecemento e queremos desexarlle toda a sorte do mundo para a vindeira campaña.