domingo, 22 de agosto de 2021

COMEZAN OS ADESTRAMENTOS PARA OS NOSOS EQUIPOS INFANTÍS

Esta semana volven ás pistas tralo periodo vacacional as nosas rapazas e rapaces da categoría infantil mixto, con horarios provisionais aínda de carácter estival.


O equipo A, tras unha tempada 20-21 exitosa na que se quedaron as portas de entrar no play-off de ascenso á 1ª división, tentarán un novo asalto polas plazas que dan acceso a esta categoría superior. Este equipo ten programado para esta semana 2 sesións de traballo: martes 24/08, de 19:00 a 21:00 horas no pavillón Sofía Toro (Cambre) e mércores 25/08, de 20:45 a 22:30 horas).


Por outra parte, o equipo B o ano pasado non empezou competindo por mor da pandemia, pero seguiron adestrando e o final de curso disputaron unha xeira de amistosos no que o importante era aplicar os conceptos practicados e rematar cas millores sensacións posibles unha tempada atípica. Nesta campaña, o equipo aínda está en construcción e co paso dos días veremos en qué división compite. A súa volta á rutina será tamén con 3 adestramentos para esta semana: luns 23/08 e mércores 25/08, ambos de 19:30 a 20:45 no pavillón Sofía Toro, e venres 27/08, de 18:45 a 20:15 horas tamén no municipal Sofía Toro.


Se naciches nos anos 2006 ou 2007 e queres formar parte do club, podes escribirnos ó noso email (clubbaloncestocambre@hotmail.com) e informarémoste con todo o necesario para unirte á familia cambresa.



VÉMONOS NAS CANCHAS!!!!


1, 2, 3, CAMBRE!!!