domingo, 22 de agosto de 2021

PORTAS ABERTAS PARA CATEGORÍAS FEMININAS

 




Achéganse os primeiros adestramentos da tempada 21-22 e queremos organizar unhas xornadas de portas abertas para aquelas nenas que estén interesadas en coñecer o club e adestrar e xogar ó baloncesto connosco de maneira federada.


Estos adestramentos van dirixidos a xogadoras en idade dende os 11 e ata os 16 anos (categorías alevín (2010-2011), infantil (2008-2009) e cadete (2006-2007)).


As primeiras sesións serán o luns 23 e o mércores 25 de agosto, ámbalas datas en horario de 18:30 a 19:45 no pavillón Sofía Toro (Cambre) e tamén o vernes 27, de 17:15 a 18:45 horas.


Non se precisa como requisito ter experiencia previa xogando, simplemente gañas de aprender, compromiso e actitude por millorar día a día.


Se estás interesada ou coñeces a alguén que o poida estar, podes poñerte en contacto connosco por email (clubbaloncestocambre@hotmail.com)


ISTO EMPEZA XA.  VÉMONOS PRONTO!!!


1, 2, 3, CAMBRE!!!