domingo, 15 de agosto de 2021

Juan Botana continuará outro ano máis no organigrama deportivo do club

 



O C. B. Cambre segue a traballar na planificación da vindeira tempada e, trala renovación de Senén, xa temos a segunda cara visible do noso proxecto deportivo.

Juan Carlos Rey Botana (A Coruña, 1970) seguirá na tempada 21-22 no Club Baloncesto Cambre.  Esta será a súa terceira campaña connosco, onde ata o de agora estivo compaxinando os equipos xuvenil masculino e sénior masculino de 3ª división. No vindeiro curso pode seguir cos mesmos equipos, aínda que primeiro temos que cadrar horarios co resto de adestradores.


O acordo confirmouse o pasado xoves nas oficinas do Sofía Toro, ca presenza do técnico e unha pequena representación da xunta directiva.


Se por algo se caracterizan os equipos de Juan é por ser capaza de implantar o seu selo persoal de orde e disciplina defensiva, labor que puidemos ver en ambos conxuntos. Tamén fixo debutar este ano en categoría sénior a xóvenes promesas coma Álex Serrano, Alberto ou Íñigo.


A directiva do C. B. Cambre está moi contenta de poder contar un ano máis contigo e desexámoste a millor das sortes nesta nova e ilusionante campaña.