sábado, 6 de agosto de 2022

ARRINCAMOS A TEMPADA 22/23

 









Co comezo do mes de agosto, mentres a xente disfruta dunhas máis que merecidas vacacións, a directiva do Club aproveita o parón das competicións e adestramentos para comezar a planificación dun novo curso baloncestístico.


Mentres non comecen os adestramentos de portas abertas e as pretemporadas, imos facilitando a inscrición de xogadores e xogadoras, que como novidade, este ano faráse de maneira telemática a través da aplicación de xestión deportiva Clupik.


Tamén facilitaremos nos vindeiros días toda a información acerca de adestradores, cuotas, equipacións e outros posibles temas.


Para calqueira duda, podes contactar connosco a través do enderezo electrónico (clubbaloncestocambre@hotmail.com).



Esperámoste no Sofía Toro para outra campaña de baloncesto… e moito máis!


1, 2, 3, CAMBRE!!!