sábado, 4 de xuño de 2022

XUÑO DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O CLUB BALONCESTO CAMBRE

 



Gústache o baloncesto ou queres probar un deporte de equipo? Ofrecémosche a oportunidade de vir a adestrar cos nosos equipos e vivir de primeira man o noso día a día. Poderás coñecer as instalacións, os nosos adestradores, os xogadores... e o baloncesto, ese deporte de equipo cuns valores moi sans.


Ábrese o prazo xa para este vindeiro luns 6 e ata o 21 de xuño, salvo cambios de última hora.


Está destinado tanto para nenas como para nenos, dende as categorías baby basket e ata cadetes:


Babybasket (grupo mixto): nados entre os anos 2014, 2015 e 2016

- Martes: de 18:30 a 19:45 horas no pavillón Sofía Toro

- Venres: de 17:00 a 18:00 horas no Sofía Toro (Cambre)


Benxamín masculino e feminino: 2012 e 2013

- Martes: de 18:30 a 20:00 horas no pavillón Sofía Toro

- Xoves: de 18:30 a 19:30 hrs. Pavillón Sofía Toro.

- Venres: de 17:00 a 18:00 hrs. Pavillón Sofía Toro.


Alevín feminino e masculino: 2010 e 2011

- Martes: de 18:30 a 20:00 horas no pavillón Sofía Toro

- Xoves: de 18:30 a 19:30 hrs. Pavillón Sofía Toro.

- Venres: de 17:00 a 18:00 hrs. Pavillón Sofía Toro.


Infantil masculino: 2008 e 2009

- Martes: 19:00 - 20:00 hrs. Pavillón Bernardo Bish (Brexo-Lema)

- Mércores: 19:00 - 20:00 hrs. Pavillón O Temple.

- Venres: 16:00 - 17:00 hrs. Pavillón Sofía Toro (Cambre)


Infantil feminino: 2008 e 2009

- Mércores: 19:20 - 20:30 hrs. Pavillón Sofía Toro.

- Xoves: 19:00 a 20:30 hrs. Sofía Toro.

- Venres: 18:30 - 20:00 hrs. Sofía Toro.


Cadete masculino: 2007 e 2006

- Martes: 19:00 - 20:15 hrs. Pavillón O Temple

- Mércores: 18:00 - 19:00 hrs. Pavillón O Temple.

- Venres: 20:35 - 21:45. Pavillón Bernardo Bish (Brexo-Lema).


 

Para poder vir ós adestramentos de portas abertas, tes que apuntarte antes. Podes facelo, ben poñendote en contacto connosco escribíndonos por enderezo electrónico (clubbaloncestocambre@hotmail.com) ou ben enviándonos este formulario de Google: 2022 Formulario Portas Abertas C.B. Cambre (google.com)



Contamos contigo! Non nos faltes e únete á nosa familia!!!


1, 2, 3, CAMBRE!!!