venres, 3 de xuño de 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO DE VERÁN CB CAMBRE




Achégase o remate do curso e o comezo das vacacións de verán e con él outra nova edición do noso campamento de verán Club Baloncesto Cambre, que xa vai pola súa XII edición.

Está destinado tanto a xogadores/as do club coma de fóra nados entre os anos 2005 e 2016, ámbolos incluidos.

Trátase dun campamento de baloncesto de enfoque totalmente lúdico no que ademais das nocións e fundamentos básicos de baloncesto, facemos moitas cousas mais como xogos deportivos e populares, outros deportes, actividades en inglés, sendeirismo pola contorna de Cambre, actividades con auga, saídas, regalos, concursos e moitas sorpresas mais que estamos a preparte.


Visita ó Aquapark de Cerceda



CÁNDO?

Faranse dúas quendas e por primeira vez, ofrecemos a terceira semana se houbera suficiente número de inscritos:


1º turno: 27, 28, 29, 30 e 1 de xullo (pavillón Sofía Toro)


2º turno: 4, 5, 6, 7 e 8 de xullo (pavillón O Temple).


3º turno: 11, 12, 13, 14 e 15 de xullo (pavillón O Temple). (SEMPRE QUE HAXA UN NÚMERO MÍNIMO DE INSCRITOS)


Facendo manualidades con materiais reciclados



HORARIOS:

Será en horario de 09:00 a 15:00 horas. distribuído da seguinta maneira:

-09:00: comezo das actividades.

-11:30: pausa para tomar un lixeiro almorzo.

-12:00: actividades do mediodía.

-15:00: fin das actividades.


Existe a posibilidade de que haxa servizo de madrugadores a partir das 08:15. Sempre que haxa un mínimo de 6 persoas. Esta opción ten un custo adicional de 6 diarios





PREZOS:

Hai distintas tarefas de prezos en función dos días e semanas escollidas:


Unha semana:

- Xogadores do club ou participantes da edición do ´21: 100 euros

- Xente de fóra: 105 euros

- Segundos irmáns: 85 ou 90 euros

-3º irmán ou posteriores:65 ou 68 euros



Dúas semanas:

- Xogadores do club ou participantes no campamento 2021: 180 euros

- Xente de fuera: 185 euros

- Segundos irmáns: 153 ou 157.

-Terceiros irmáns e posteriores: 117 ou 120 euros.


Tres semanas (SEMPRE QUE HAXA UN NÚMERO MÍNIMO):

- Xogadores do club ou participantes campamento 2021: 240 euros

- Xente de fóra: 245 euros

- Segundos irmáns: 204 o 208.

-3º irmán e posteriores: 156 ou 159 euros.





OPCIÓNS DA COMIDA:

- Almorzo: a todos os inscritos se lles dará totalmente gratis a media mañá, un pequeno aperitivo.

-Sen comida: cada participante traerá da casa a súa propia comida.

-Con comida: dáselle ó que o solicite, comida quente (bocadillo, pizza, hamburguesa, etc). Ademais de unha peza de froita, auga ou refresco e un postre. Pódese encargar a comida por días soltos, avisando a véspera (6 euros /día a maiores da cuota).






¿CÓMO APUNTARSE?


Para inscribirte no campamento de verán, terás que cubrir os teus datos persoais a través do noso TRIPTICO DE INSCRIPCIÓN e enviárnolo por enderezo electrónico ó correo do club (clubbaloncestocambre@hotmail.com)

O pago terá que ser en metálico nas oficinas do club no pavillón Sofía Toro de Cambre, en horario de de 19:00 a 21:00.


NO CASO DE DÚBIDA:

Podedes consultar con total confianza a Javier (627 836 118), Marcos (662 663 572) ou Borja (653 920 054)





Contamos contigo para comezar as vacacións de verán da millor maneira posible, pasándoo ben!


1, 2, 3, CAMBRE!!!