venres, 2 de abril de 2021

Partidos da fin de semana: 3-4 de abril

 



Semana de vacacións pero o baloncesto non para en Semana Santa para os nosos. Salvo os descansos dos e das xuvenís, o resto das nosas categorías adestraron a lo menos unha vez de luns a mércores.


Os nosos sénior, ó ter unha liga regular tan longa, apenas terán xornadas de descanso de aquí ó final do seu calendario de competición. O resto de ligas disporán de vacacións ata a semana que vén.



DOMINGO, 4 de abril do 2021:

Sénior 3ª: BALONCESTO CAMBRE  vs  La Goleta (xornada 9)

04/04/2021: 12:00 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre)



Os betanceiros visitarán chan cambrés dende a oitava e antepenúltima praza da liga e de non xogar a finde pasada, debido a que o seu encontro contra o C. B. Arteixo foi adiado.

Polo outro lado, os men in black de Juan Botana buscarán a que sería a súa terceira vitoria consecutiva que lles permita prolongar este bo momento (4º clasificado, 4-4).


Todavía non se permite a entrada de público ó Sofía Toro, pero poderase ver o partido a través da canle de Youtube do Club Baloncesto Cambre.



ÁNIMO RAPACES!!!



1, 2, 3, CAMBRE!!!