luns, 26 de abril de 2021

Samuel Fernández pecha o plantel sénior 20/21

 


Samuel Fernández (A Coruña, 1979) é a última incorporación para o noso equipo sénior de 3ª división e a que pechará o plantel para esta campaña. Esta nova fichaxe reforzará o xogo interior e xa dispuso dos seus primeiros minutos ca nosa camiseta na visita ó pavillón de Cocheras para xogar contra ADFRO.



Samuel formouse no Abrente (Culleredo), clube polo que tamén pasou o seu novo adestrador, Juan Botana. Tras varios anos apartado das canchas por lesións e outras ocupacións, Samuel chegou esta tempada a Cambre e fai ficha tras varias semanas participando na dinámica do equipo coma un mais. Aportará ilusión, experiencia, rebote, traballo e moi boa química ó vestiario.



A nosa última incorporación, moi amablemente adicounos unhas palabras:

El año pasado me vino a la mente la posibilidad de poder formar parte nuevamente de un equipo de baloncesto.

El C.B. Cambre me abrió sus puertas para comenzar a entrenar y recientemente he podido debutar con la camiseta del club. Arranco esta nueva etapa con una gran ilusión y queriendo aportar todo el valor posible al equipo. 

Estoy muy agradecido por la acogida que he tenido y con muchas ganas de seguir disfrutando de este maravilloso deporte.




Con esta nova última alta, o plantel do sénior de 3ª división péchase para esta tempada da seguinte maneira:

# 5 Samuel (pívot)

# 6 Mindi (base)

# 7 Martín (base)

# 10 Bruno (aleiro)

# 15 Dani (pívot)

# 19 Gus (pívot)

# 24 Dani Rilo (aleiro)

# 35 Elías (aleiro)

# 68 Gabi (aleiro)

# 77 Fer Dato (pívot)

# 88 Carlos (base)

# 97 Iván (pívot)

Adestrador: Juan Botana.




Benvido Samuel. Dende o club desexámoste toda a sorte do mundo nesta nova etapa e que cumplas todos os teus retos.