xoves, 3 de maio de 2018

5 de maio: Xornada solidaria para a viaxe de nenos saharauis.



Este 5 de maio, terá lugar no pavillón Sofía Toro de Cambre, un evento solidario para recadar fondos para que varias familias poidan traer nenas e nenos refuxiados durante os meses de verán. 


Estas familias de Cambre, entre elas unha do noso club, acollen no verán a nenos saharauis que veñen dos campamentos de refuxiados a pasar aquí os meses de xullo e agosto, ca idea de aliviar os danos que as condiciónd climáticas tan extremas do deserto africano producen na súa saúde, facerlles revisións médicas e alimentalos de millor maneira do que poden facelo en ditos campamentos.


Para axudar a costear os gastos das viaxes, o Concello de Cambre, a Asociación de veciños de Bribes, a Asociación de Amas de Casa de Bribes e a empresa Cambre Ocio S. L. (colaboradora habitual do clube), principalmente, colaboran na organización dunha xornada solidaria o sábado, día 5 de maio. O acto terá lugar no pavillón e o parque da igrexa de Cambre, para realizar todas as actividades solidarias.



As actividades que se celebrarán nese día son as seguintes:


 - En horario de mañá: No pavillón Sofía Toro, haberá exhibicións de (baloncesto y judo), por parte dos clubes do concello; O Judo Club Cambre e o Club Baloncesto Cambre. Estas demostracións estarán amenizadas con música e un bo chocolate con churros para coller forzas para o resto do día.



- En horario de tarde: No pavillón terá lugar unha masterClass de zumba ás 18:00 horas con participación de nenos dos colegios de Brexo-Lema, Cambre e Portofaro. Volverá a haber chocolate con churros para merendar. No parque da igrexa de Cambre celebrarase as 19:30 unha macromuiñeira na que participarán as entidades culturais e agrupacións de música tradicional do concello.


 - Durante todo o día: No parque da igrexa haberá xogos infantís e tradicionais, e no pavillón haberá varias veces ó longo do día sorteos de productos e vales de compra donados polos diversos establecimientos que colaboran connosco (Rifas para o sorteo a 1€) así como tamén unha tómbola "sempre toca" de xoguetes e libros en bo estado donados para a ocasión polos participantes nas actividades (premio seguro, rifa 2€) e outra tómbola de cousas usadas: Por 2 euros sempre hai agasallo seguro. 



Dende o Club Baloncesto Cambre queremos colaborar neste evento facendo unha exhibición de varios partidos, xogos e competicións de baloncesto das diferentes categorías inferiores das que dispoñemos nesta tempada. Facemos un chamamento a todos os nenos e nenas a que pasen ó longo do día polo pavillón e que se animen a xogar e a ser parte activa deste evento solidario, tamén fora dela, participando no resto sas actividades. Animamos á xente a donar e ceder esas cousas vellas que un ten na casa sen uso algún (roupa, xoguetes e outras cousas de interese para nenos) para aportar ó mercadillo solidario. Podedes acercanos estas donacións a partir das 18:00 horas ó pavillón Sofía Toro durante esta semana, onde serán gardadas baixo chave até o sábado.





Contamos convosco nesta festa de todos os veciños de Cambre. Vémonos o sábado!