xoves, 12 de maio de 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE TECNIFICACIÓN JAVI MUÑOZ´22




O Club Baloncesto Cambre recupera o seu campus de tecnificación grazas a colaboración co Concello de Cambre e co club Xuncas Diversia de Lugo para traer ó noso concello o Campus Javi Muñoz, que se celebrará en Cambre nesta edición.

A dirección técnica do campamento correrá ó cargo do adestrador profesional Javi Muñoz, actualmente no corpo técnico do Breogán da Liga Endesa, o equipo revelación da tempada na máxima categoría de baloncesto no noso país.




Serán sesións de adestramento con técnicos profesionais ACB e Leb Ouro, con ratio de 2 adestradores por cada 10 nenos/as.

O grupo de traballo estará conformado polo citado Javier Muñoz (licenciado en INEF e con unha longa traxectoria en liga Leb Ouro e Liga Feminina), Sandra Prieto (BAXI Ferrol) e contará tamén ca participación de Charly Sainz de Aja (adestrador dos Junior de Oro), Jota Cuspinera (Estudiantes de Madrid), Ángel González Jareño (Real Madrid), Juan Corral (adestrador lucense de ampla experiencia en Liga Feminina) e Piti Hurtado, entre outros.

Mais aló dos adestramentos, o campus tamén ofrecerá propostas de lecer, como saidas e outras actividades complementarias.




Este campus vai enfocado a todos os nenos e nenas nados entre os anos 2012 e 2005 que busquen perfeccionar as súas habilidades e destrezas deportivas (técnicas, tácticas, físicas...) relacionadas co deporte da canasta. De maneira excepcional tamén poderán participar nados no año 2004 e anteriores ou no 2013/14, previa consulta e autorización da dirección do campus.




Haberá dous quendas de traballo, comprendendo o primeiro os días 16-23 de xulio e a segunda, do 24 ao 30 tamén do mesmo mes.




As actividades en pista realizaranse na parroquia do Temple, tanto no pavillón municipal de O Temple coma na pista exterior cuberta do colexio CEIP Portofaro.




Disporemos tamén de aloxamento na residencia Siglo XXI (Lugar Monte das Arcas, Culleredo, A Coruña, 15008) para a xente que veña de lonxe ou que simplemente quera experimentar una convivencia total co resto de participantes.







HORARIO TIPO DUN DÍA NO CAMPUS JAVI MUÑOZ:

8.00 Erguerse

Aseo personal y habitaciones

8.30 Almorzo

9.15 Revisión habitacións

9.30 Traslado a instalacións

10.00 Sesión técnica

12.00 Froita e volta o colexio

12.30 Actividades lúdicas

14.00 Xantar

15.00 Descanso

16.45 Traslado a instalacións

17.00 Sesión técnica

18.30 Merenda

18.45 Competicións

20.00 Ducha e volta ó colexio

20.30 Tempo libre chamada telefónica

21.30 Cena

22.30 Actividade nocturna

23.45 Descanso











PREZOS:


INTERNO 480 (450 para alumnos de 2021)

200 no momento da inscrición e antes do 22 de maio.

280 ( 250 para alumnos de 2021) antes do 30 de junio




EXTERNO 290 (260 para alumnos de 2021)

150 no momento da inscripción e antes do 22 de maio

140 (110 para alumnos de 2021) antes do 30 de xuño




TURNO 1 + TURNO 2 INTERNO 830 (800 para alumnos de 2021)

400 no momento da inscripción e antes do 22 de maio.

430 ( 400 para alumnos de 2021) antes del 30 de junio




TURNO 1 + TURNO 2 EXTERNO 530 (500 para alumnos de 2021)

250 no momento da inscripción e antes do 22 de maio.

280 ( 250 para alumnos de 2021) antes do 30 de xuño.




SERVIZO DE AUTOBÚS

90€ (50 no momento da inscrición. O resto, antes do 30 de xuño).

*O SERVIZO DE AUTOBUS SOLO SE FARÁ SE A DEMANDA DE ALUMNOS É SUFICIENTE.

** PAGARASE A TOTALIDADE DO SERVIZO AÍNDA QUE SOLO SE REALICE O TRAXECTO DE IDA OU O DE VOLTA.






Os pagos se efectuarán mediante transferencia ou ingreso en efectivo na conta

ES40 3070 0001 2662 8469 3329 abierta a nome de XUNCAS DIVERSIA, indicando en concepto, CAMPUS JAVI MUÑOZ seguido do nome e dos apelidos do alumno, así coma o réxime elixido e TURNO.


Os prezos para os xogadores do Cambre serán: 

- 100 euros por adestrar
- 160 euros por adestramentos + comida
- 430 euros por interno.






Para calqueira dúbida con respecto o campus, contacta co seguinte teléfono 618 54 45 66 (Ángel)