sábado, 21 de maio de 2022

VÉN A ANIMAR Ó NOSO EQUIPO SÉNIOR B NA FINAL DA COPA PREMIUM DCLB!!!




Este domingo 22 de maio toca vestirnos de gala para volver a xogar unha final, a que enfrontará o BALONCESTO CAMBRE B contra o Idefic Imatia Básquet Coruña.



Os nosos sénior poden poñer o broche de ouro a unha boa tempada ca consecución dun título oficial para as vitrinas do club, o primeiro título ca camiseta do Cambre para unha xeración de xogadores que levan moitas tempadas xuntos defendendo as nosas cores.



Nesta 21-22, os rapaces de Juan Botana quedaron encuadrados no grupo A de liga regular, onde acadaron un quinto posto (2-8). Millor o fixeron no grupo B-1 da Copa, clasificando os primeiros cun balance de 8-2 e que os meteu automáticamente para a final da mesma.

Liga regular Coruña-Lugo, grupo A




Copa Premium DCLB B-1



Polo outro lado do cadro, temos o equipo coruñés de Idefic Imatia, que acadou o dereito de pelexar por este título tras rematar a liga regular no quinto posto no grupo B (4-6) e facerse co segundo posto na Copa (6-4).


Liga regular Coruña-Lugo, grupo B




Nos enfrontamentos directos entre cambreses e coruñeses, o equipo de Fío, Carlos, Fer, Pablo e compañía gañaron no primer asalto 63-72 e perderon no de volta 51-56, polo que se espera un apaixoante e disputado duelo.




Esperamos verte este domingo ás 19:30 horas no pavillón de Elviña II (A Coruña). A última vez que xogamos unha final nesa pista, este foi o resultado:






Familia cambresa, esta é un chamamento para volver a reunirnos. Así que colle a túa camiseta do Cambre e fagamos que a bancada sexa ese sexto xogador que axude os nosos a levantar a preciada copa.




Por eles, por nós, todos xuntos! 

1, 2, 3, CAMBRE