venres, 3 de setembro de 2021

Marcos Prieto, outra renovación "da casa"

 




Marcos Prieto Souto (Cambre, 1989) tamén continuará na estructura deportiva do C. B. Cambre na tempada 21-22.


Na campaña pasada, Marcos fíxose cargo dos equipos alevín, infantil A e Infantil B, ademais de traballar nas oficinas do club coma directivo.



Nun curso complicado, temos que resaltar o bo traballo realizado polo noso técnico, facendo que os 3 equipos foran competitivos dentro dos seus contextos.


Que Marcos siga connosco un ano máis é unha moi boa nova, xa que é un rapaz da casa, da nosa canteira e todo un referente para as futuras promesas da canastra do noso concello.



O propio Marcos quíxonos adicar unhas palabras tras confirmar a súa continuidade na nosa entidade:

Estou moi contento de seguir outro ano máis no club da miña vida. Son xa moitos anos aquí, a que considero a miña segunda casa.  Esperamos que este sexa un gran ano nas categorías inferiores, especialmente os infantiles. Afrontamos con moita ilusión todo o que está por vir e que vamos a traballar mais que nunca.


Toda a sorte do mundo para tí neste curso!!!