venres, 17 de setembro de 2021

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA: 18-19 DE SETEMBRO

 


Esta finde teremos un novo asalto polas plazas que dan acceso á primeira división para os nosos equipos Infantil A e Cadete A:


DOMINGO, 19/09/2021:


- Infantil A: BALONCESTO CAMBRE  vs  Básquet Coruña I (Xornada 2)

19/09/2021. 19:00 horas. Pavillón municipal Sofía Toro (Cambre).


Este encontro retransmitirase en directo pola canle de Youtube do C. B. Cambre. Non te esquezas de suscribirte e apoiarnos co teu Like.


Na estrea en partido oficial dos nosos infantís no seu feudo, tocararelles recibir a visita dos laranxas, que veñen de gañar a semana pasada ó Meco por un claro 70 a 39.



- Cadete masculino A: Culleredo  vs  BALONCESTO CAMBRE (xornada 2)

19/09/2021.19:00 horas. Pabellón O Burgo (Culleredo).


Xornada clave para os de Senén, xa que, se lles sairan ben as contas, poderían incluso escalar dende o último posto ata o segundo. Enfronte os nosos, terán un sempre durisimo rival que non poñerá as cousas nada doadas.



Desexámoslle toda a sorte do mundo os nosos rapaces e vos mandamos a todos unha moi boa fin de semana!



1, 2, 3, CAMBRE!!!