sábado, 25 de setembro de 2021

PARTIDOS DA FINDE: 25-26 DE SETEMBRO

 


Avanza unha semana mais do curso e seguimos inmersos en pretempadas e fases de ascenso de algúns dos nosos equipos.


Velaquí te deixamos o menú de partidos para esta finde:



DOMINGO, 26 DE SETEMBRO:


- Cadete masculino A: BALONCESTO CAMBRE  vs  C. B. Costa Ártabra (xornada 3 fase ascenso)

26/09/2021. 19:00 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre).


Derradeira xornada polo ascenso á 1ª división cadete masculina. Trala importantísima vitoria da semana pasada ante o Culleredo, os nosos chegan con opcións reais a este último enfrontamento e ca ilusión e a motivación polas nubes.



- Infantil masculino A: O Meco M  vs  BALONCESTO CAMBRE (xornada 3)

26/09/2021. 19:00 horas. Pavillón Novo monte da vila, O Grove.


Os nosos infantís parten sen opcións matemáticas para pasar á seguinte rolda pero, qué maior motivación que despedir esta fase que facelo cunha vitoria? A por todas rapaces!!




Desexámoslles ós nosos guerreiros toda a sorte do mundo nos seus compromisos ligueiros e tamén unha boa finde a todos e todas.


1, 2, 3, CAMBRE!!!