martes, 12 de outubro de 2021

O NOSO EQUIPO INFANTIL FEMININO BUSCA XOGADORAS

 


Nesta nova tempada estamos a ver a volta de moitas caras coñecidas ó club, pero tamén son moitos os nenos e nenas novas que están a probar nestes días. 

Este ano propuxémonos facer xornadas de portas abertas para darlle a un gran protagonismo á nosa sección feminina, dende a categoría benxamín (2012 e 2013), a alevín (2010 e 2011) e a infantil (2008 e 2009).

 Agora mesmo, estamos a concentrar todos os nosos esforzos na categoría infantil feminina, procurando rapazas nadas nos anos 2008 e 2009 que axuden a completar o equipo.

Este equipo adestraría 3 días á semana nos pavillóns de Cambre e do Temple, ademais de dispoñer dun partido na finde.

En palabras do noso presidente, Javier Prieto, este primeiro mes de adestramentos foi moi bo para a categoría alevin femenina, onde este o equipo xa está case ó completo e agora tentamos de completar o infantil femenino.


Así que xa sabedes, se eres rapaza e queres vivir a experiencia de xogar ó baloncesto nun equipo con compañeiras da túa idade, esta é o teu momento, ven a probar connosco e de seguro que non te arrepentirás!