luns, 25 de outubro de 2021

VOLVE O PÚBLICO Ó SOFÍA TORO ARENA!!

 


Tras mais de ano e medio de espera, nos complace comunicar que por fin se autoriza o regreso da afeccion as bancadas do noso feudo, o pavillon municipal Sofia Toro.


Cabe recordar que o ultimo partido no que se deu entrada á xente foi alo por comezos de marzo do 2019


Iso si, a nova realidade ca que nos toca convivir fai que a experiencia de xogar os partidos como locais de todas as nosas categorías non sexa igual a antes, senon que habera unhas normas e cambios ós que nos tocará afacer. O Club Baloncesto Cambre, seguindo a normativa do Concello de Cambre, a FEGABA e a Xunta de Galicia, elaborou un protocolo acerca da entrada do público ó pavillón nos partidos:


O protocolo de entrada será supervisado por un responsable do C. B. Cambre. O club, debido á falta de persoal, poderá escoller qué partidos se abren ó público.



. Só porán acceder o pavillón as persoas que o solicitaron previamente. Para isto, se deixará de prazo ata os venres ata as 14 00 horas. Na solicitude, que se porá enviar por mail ou mensaxe de texto á directiva, deberá contar ca identificación do partido, nome completo dni e teléfono de contacto.


O público so poderá acceder ás bancadas 15 minutos antes da hora de comezo do encontro, tras desinfectar as mans e medición da temperatura. A afección local terá que sentarse obrigatoriamente na grada da dereita, xusto detrás do banco do C.B. Cambre e os espectadores visitantes farán o propio co banco do equipo visitante. Respecto a miña localidade, só os convivintes poderán sentarse en bancadas consecutivas, o resto de persoas o farán deixando 2 espazos de distancia.


Durante o transcurso do partido se deberá permanecer sentado na nosa butaca, procurando non sair nin abandoar a instalacion durante o mesmo. Non esta permitido estar sen mascarilla nin beber nin comer. Os aseos só poderán ser empregados en casos de extrema necesidade e terán un aforo de 1 persoa, polo que haberá que agardar sentado ata que saia o anterior usuario.


Unha vez rematado o encontro, todo o publico deberá abandoar o pavillon. De haber outro partido a continuación, os siareiros non poderá acceder ata que as bancadas queden baleiras. 


Despois de tanto tempo, o graderío da nosa casa volverá a tinguirse de cor e os nosos xogadores volverán a verse arropados pola calor da bancada, sen dúbida o noso “6º xogador”.


Dámosvos as grazas por todo o voso apoio e comprensión nesta etapa tan dura para nós, agora por fin abrímosvos de novo as portas para seguir vibrando xuntos de moito baloncesto.


1, 2, 3, CAMBRE!!!