domingo, 23 de maio de 2021

Marcos Prieto terá a súa camiseta retirada polo C. B. Cambre

 


 O Club Baloncesto Cambre decidiu retirar o número 5 dos dorsais de xogo sénior na honra de Marcos Prieto pola súa exemplar traxectoria na entidade.


 Marcos Prieto Souto (Cambre, 1989) é un base que pertence á primeira xeración de canteiráns do noso club, xa na época da Agrupación Polideportiva de Cambre. Debutou no primer equipo de 1ª división con só 16 anos.


No conxunto sénior logrou asentarse coma base titular e facerse imprescindible para todos os seus adestradores ata chegar a ser pedra angular dos últimos 2 ascensos do club, todo isto sen chegar sequera os 170 cm de altura e rendendo a gran nivel. Se temos que decribilo coma xogador, cómpre mencionar palabras coma electricidade, cambio de ritmo ou liderazgo dentro do vestiario nunha das millores épocas non só para o primer equipo, senón para toda a entidade.


Tras diversos problemas físicos que lle impediron render o seu nivel habitual, decidiu darse unha última oportunidade e facer ficha no equipo de 3ª división, onde as molestias só lle deixaron participar en 3 partidos.



Tras colgar definitivamente as botas, deu o paso os banquillos e os despachos do club, para traballar coma adestrador de canteira e directivo da organización, á espera de novos retos persoais.



A figura de Marcos no club representa a ilusión de calqueira neno ou nena da canteira que soña con poder chegar ó primeiro equipo e asentarse, traballando duro e sen renderse nos momentos mais duros.



Este club  sempre será a túa casa e xa formas parte da nosa historia. 
GRAZAS POR TODO MARCOS!!! 



DATOS PERSOAIS:


Nome: Marcos Prieto Souto

Data de nacemento: 11/07/1989 (Cambre).

Altura e peso: 1,67 m / 58 kg.

Posición: base.

Dorsais utilizados: 7, 5, 44, 5.




PALMARÉS DE MARCOS:

2003/2004:  A. P. Cambre (cadete masculino).
2004/2005:  A. P. Cambre (xuvenil masculino).
2005/2006:  A. P. Cambre (xuvenil masculino).
2006/2007: C.A.B. Arzúa (1ª división) / C. B. Culleredo (xuvenil masculino).
2007/2008: A. P. Cambre-Maristas (Liga FGB sénior masculina) / C.A.B. Arzúa (1ª división)
2008/2009: A. P. Cambre (sénior masculino).
2009/2010: A. P. Cambre (sénior masculino).
2010/2011: A. P. Cambre (sénior masculino).
2011/2012: C. B. Cambre (2ª división sénior masculina).
2012/2013: C. B. Cambre (1ª división masculina).
2013/2014: C. B. Cambre (1ª división masculina).
2014/2015: C. B. Cambre (1ª división masculina).
2015/2016: C. B. Cambre (1ª división masculina).
2016/2017: C. B. Cambre (1ª división masculina).
2017/2018C. B. Cambre (1ª división masculina).
2018/2019: C. B. Cambre (3ª división masculina).



Títulos:

- 1 ascenso a 1ª división masculina (tempada 11/12).

- Cuarto clasificado do play off de ascenso a Liga EBA (tempada 16/17).

- Finalista do play off de ascenso a Liga EBA (tempada 17/18).

- Xogador con mais partidos disputados no primer equipo (207 encontros).

- Xogador con mais tempadas no club (15 tempadas).

- Xogador más xoven en debutar no primer equipo (16 anos, 5 meses e 6 días).



COMA ADESTRADOR: 

- 1 copa primavera infantil masculino (como adestrador) (tempada 16/17).