sábado, 19 de xuño de 2021

FIN DA COMPETICIÓN PARA OS BENXAMÍNS




Ano longo para os nosos, tras ser das categorías que máis tarde voltaron ás canchas, e máis dun ano dende o anterior encontro, os de Borja López quedaron encadrados no grupo A, onde quedaron terceiros e últimos tras Básquet Coruña U10 e Esclavas. Pese a perder claramente e nin chegar ó mínimo de 7 nas convocatorias deixaron boas sensacións.



Xa na seguinte fase, os cambreses fixeron pleno de vitorias, despregando un xogo rápido e asociativo en ataque, intensidade defensiva e con moita presenza no rebote. Pese a non perder ningún partido, quedaron relegados ó segundo posto (5-1) pola falta de efectivos na rotación.




Tempada con nota moi alta para os nosos cracks. Aquí hai bós mimbres




NORABOA A TOD@S!!!




#4 Tomás (baby)

#6 Martín (baby)

#7 Lucas

#8 Lois

#10 Xalo

#11 Mauro (baby)

#14 Asier

#20 Carme

#24 Antón

#31 Hugo

#34 Telmo

#36 Noelia

#37 Mar


Adestrador: Borja López