martes, 15 de xuño de 2021

VOLVEN AS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 





Tras non podelas facer a tempada pasada por mor da situación epidemiolóxica, este ano faremos adestramentos nos que persoas alleas ó club poden acercarse a probar.

Estas xornadas comezarán xa este martes, 15 de xuño e extenderánse ata o venres 25 deste mes, coincidindo ca clausura das nosas escolas e ás portas do campamento de verán.

Os adestramentos incluirán as categorías Baby basket, Benxamíns, Alevíns, Infantís  e Cadetes. Todas elas femininas e masculinas.

Para poder participar será necesario poñerte en contacto connosco no correo clubbaloncestocambre@hotmail.com e cumplimentar un formulario de participación.


Recordamos que estos adestramentos contarán cas medidas e aforos socio sanitarios estipuladas polas autoridades.


Anímate e ven a disfrutar do baloncesto connosco!!! Non tardes, recorda que hai prazas limitadas!!!




HORARIOS 20-21:



BABY BASKET
(Anos 2013-2014-2015)

- Mércores 16/06: de 19:30 a 20:15 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre).
- Venres 18 e 25/06: de 17:15 a 18:15 horas. Pavillón Sofía Toro.



BENXAMÍN MIXTO 
(2012-2011)

- Martes 15 e 22/06: 18:40 - 19:55 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre)
- Mércores 16/06: 18:30 - 20:00. Sofía Toro.
- Venres 18 e 25/06: 18:30 - 19:45. Sofía Toro.




ALEVÍN MIXTO
(2010-2009)

- Luns 21/06: 18:00 - 19:20. Sofía Toro (Cambre).
- Martes 15/06: 19:10 a 20:10 horas. P. M. O Temple (O Temple).
- Xoves 17 e 24/06: 18:40 a 19:50. Sofía Toro.
- Venres 18 e 25/06: de 17:45 a 18:55. Sofía Toro.



INFANTIL MIXTO
(2008-2007)

- Martes 15 e 22/06 : Pavillón Bernardo Bish (Brexo-Lema).
Grupo 2: 20:10-21:10.


- Mércores 16/06: Pavillón O Temple.
Grupo 2: 19:10-20:10.


- Venres 18 e 25/06: Pavillón O Temple.
Grupo 2: 20:10-21:10.





CADETE MASCULINO
(2006-2005)

- Martes 15 e 22/06: 19:55-21:30. Pavillón Sofía Toro.
- Xoves 17 e 24/06: 19:50-21:25. Sofía Toro.