mércores, 16 de xuño de 2021

FIN DE TEMPADA PARA OS NOSOS MINI

 



Xa a semana pasada, o equipo adestrado por Marcos Prieto, Martín Ruíz e Javier Prieto deu por concluída a tempada con seu derradeiro encontro da segunda fase, que se saldou con victoria ante Artai.


Tras máis dun ano sen competir e con varias baixas con respecto a tempada anterior. Formouse un grupo xoven e con varias novas incorporacións. 


Tras unha primeira fase complicada (4º posto, 1-3), marcada pola escasez de efectivos (houbo varias vitorias que non computaron por este motivo), co paso das semanas, se foron incorporando máis xente procedente do equipo benxamín que, ca súa axuda, elevaron a calidade e competitividade do grupo.


Xa na segunda fase, o equipo calcou os rexistros da anterior, cuarto posto, e unha vitoria e tres derrotas.


Aínda así, a imaxe dada polos nosos cracks foi moi boa, hai moi bos mimbres de cara o seguinte ano.


NORABOA A TODOS OS INTEGRANTES DO EQUIPO ESTA CAMPAÑA:


#2  Clara

#3  Guille

#4  Lucas

#12 Marta

#13 Hugo

#23 Diego

#25 Celia

#72 Mateo

#87 Nuno

#90 Lucía


Benxamíns que participaron en dinámica co grupo:

#7  Lucas F.

#10 Xalo

#14 Asier

#34 Telmo


#CaracterCastrexo


1, 2, 3, CAMBRE!!!