mércores, 16 de xuño de 2021

PUNTO E FINAL DA TEMPADA SÉNIOR

 



A semana pasada concluíu a competición do noso primer equipo este ano.


Tras case un ano sen competir e sen demasiados cambios na confección do plantel (Baixas de Torreiro e o capitán, Fío. Altas: Gabi, Martín, Dani Rilo), o noso equipo volveu a carga con varios tropiezos nos seus primeiros encontros, para logo acadar unha xeira de bós resultados (4 vitorias consecutivas). Pero tras esta euforia conmedida, os cambreses comezaron a ter problemas de lesións que mermaron a capacidade competitiva do conxunto e lle fixeron afastarse xornada a xornada da zona noble, ata caer ó sétimo e antepenúltimo posto (5-11).


Verán con varias incógnitas no horizonte, xa que, á marxe dos desexos de seguir ou non dos xogadores, hai varios xuvenís que saltan a idade sénior, así como tamén a volta do equipo de 1ª división e os xogadores que podan subir de categoría.


Aínda falta moito para iso e todas as partes teñen que reunirse tralas vacacións, así que de momento, ímonos a quedar cas palabras de agradecemento e o esforzo colectivo ó longo da tempada. Pasámolo moi ben vendo os seus partidos e o bo ambiente que se vía dentro e fóra da cancha.


NORABOA CAMPIÓNS!!!

#5 Íñigo (xuvenil) 

#6 Mindi 

#7 Martín 

#10 Bruno

#12 Álex (xuvenil) 

#15 Dani

#16 Alberto 

#19 Gus

#24 Dani Rilo 

#35 Elías 

#67 Gabi

#77 Fer

#88 Carlos

#97 Iván

#99 Samuel

Adestrador: Juan Botana.


#CaracterCastrexo


1, 2, 3, CAMBRE!!!