venres, 25 de xuño de 2021

PARTIDOS DA FIN DE SEMANA: 26-27 DE XUÑO

 


Último fin de semana de competicións para o C. B. Cambre, que coincidirá tamén co derradeiro partido do Sofía Toro na tempada 20/21:


SÁBADO, 26 DE XUÑO:

- Infantil mixto 2ª división:  BALONCESTO CAMBRE   vs  Montrove (xornada 6)

26/06/2021.  18:00 horas. Pavillón Sofía Toro (Cambre).



Os de Marcos Prieto son o noso único equipo que aínda non rematou a súa competición. A semana pasada perderon na súa visita a Montrove e désta, querrán pechar unha boa tempada ca sensación que se merece, cunha vitoria que nos deixe a ilusión ben alta con estas rapazas e rapaces.


Poderás ver este encontro pola nosa canle de Youtube, co teu apoio  os nosos rapaces serán mais fortes!



Moita sorte os infantís e desexámoslle a todo o mundo unha feliz fin de semana. SENTIDIÑO!!!


1, 2, 3, CAMBRE!!!