mércores, 17 de novembro de 2021

XA PODES MERCAR A LOTARÍA DE NADAL DO CLUB

 


Dende estes días estaremos a vender a lotaría de Nadal do Club Baloncesto Cambre para o sorteo de Nadal do 22 de decembro. Recorda que o ano pasado tivo premio para todos aqueles que xogaron co noso número. 

Así que non o dubides, se queres buscar a sorte de novo, podes facerte xa ca túa participación pasándote pola nosa oficina no pavillón Sofía Toro ou ben poñéndote en contacto ca directiva do club (Marcos, Javier, Borja). O prazo para mercala rematará o vindeiro venres 17 de decembro.




DATE PRISA, QUE TEMOS QUE APURAR A NOSA RACHA DE BOA SORTE!!!