mércores, 24 de novembro de 2021

Osteopatía Presenza, novo colaborador do C. B. Cambre

 


Temos unha nova que presentarvos, e é que un dos establecementos mais próximos o noso pavillón Sofía Toro, Osteopatía Presenza, unirase á familia do club para esta campaña 21-22.


Neste comercio realízanse todo tipo de masaxes, reflexoloxía (facial, antiestrés), osteopatía (estructural, visceral, craneal, etc.), técnicas de relajación, etc.


Como parte do acordo de colaboración, ofrécennos un desconto dun 33% por sesión para os xogadores do club e dun 16%  aos seus familiares mais directos (pais, nais e irmáns).


Para mais dúbidas e información, podes consultar a súa páxina de Facebook (Presenza.Centro de masaje/osteopatia) e para pedir cita previa (619 849 784). Tamén podes visitalos na praza de Europa, 3 Baixo dereita. - 15660 Cambre.


BENVIDOS Á NOSA FAMILIA E DESEXAMOS QUE SEXA O COMEZO DUNHA RELACIÓN MOI BENEFICIOSA PARA ÁMBALAS PARTES.